Desde o día 7 de maio ata o día 11 de maio, o Conservatorio Municipal de Ponteareas organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.
Si gústache o mundo da música e te sintes identificado con un instrumento en particular, non o dubides, acude ao Conservatorio e solicita en secretaría unha clase presencial para coñecer de primeira man ao profesor e o xeito no que se imparten as clases. Recorda que poderás visitar libremente tódolos departamentos que conforman o noso centro. A única condición e que sexas respetuoso coas instalacións, co profesorado e cos alumnos que en ese momento estén na aula.
Ademáis das clases de instrumento, de linguaxe musical e de educación auditiva e voga; o Conservatorio é un lugar donde formarás parte de Conxuntos, Orquestras e Coros… Donde compartirás, en definitiva, unha grata experiencia musical co resto dos teus compañeiros e compañeiras.
Se queres participar deste evento, deberás cumplimentar o formulario que aparece a continuación. Lembra que si eres menor de idade deberás de vir acompañado dun adulto.
Agardamos a túa visita.
FORMULARIO PARA A SOLICITUDE: