Xornadas de Portas Abertas 2019

Desde o día 6 de maio ata o día 10 de maio de 2019, o Conservatorio Municipal organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.

Se che gusta o mundo da música e te sintes identificado con un instrumento en particular, non o dubides, cumplimenta o formulario que aparece a continuación, e así poderedes coñecer de primeira man ao profesorado, o xeito no que se imparten as clases, etc.. Recorda que poderás visitar libremente todos os departamentos que conforman o noso centro. A única condición e que sexas respetuoso coas instalacións, cos profesores/as e co alumnado que nese momento estén na aula.

Agardamos a túa visita.

FORMULARIO PARA A SOLICITUDE:

    Nome e apelidos

    Data de nacemento

    Instrumento

    Enderezo

    Teléfono de contacto

    Correo electrónico

    Observacións ou comentarios

    Concello de Ponteareas - 2021