Novas instruccións

Estimadas familias e alumnado.

Como xa sabedes, desde este luns 16 o centro permanecerá completamente pechado, non podendo acceder ningunha persoa a el.

A administración atenderá calquera tipo de dúbida a través do correo electrónico: conservatorio@ponteareas.gal ou a través da plataforma académica ATENEA.

Está previsto que o profesorado se vaia poñendo en contacto co alumnado de forma telemática para poder continuar co seguimento das actividades e tarefas previstas en cada unha das materias, pero recoméndase que durante este paro presencial:

1- Se continue coas rutinas de estudo, tanto instrumentais como teóricas.

2- Repaso e perfeccionamento do programa dado ata a data.

3- Continuar na medida do posible co traballo existente nas programacións didácticas baixo a tutela do profesorado.

Na web podedes consultar toda a información relativa ás programacións.

Por último, lembrar que a plataforma ATENEA é o medio máis áxil de comunicación co profesorado, se alguén ten problemas co acceso que se poña en contacto coa administración a traves do correo electrónico e tentaremos darlle solución o máis rápido posible.

A Dirección.

Ponteareas, a 16 de Marzo de 2020.