Matrícula Ordinaria para Accesos a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional – Protocolo das Probas

GRAO ELEMENTAL:  O prazo de inscrición será do 16 ao 30 de xuño.

GRAO PROFESIONAL: O prazo de inscrición será do 1 ao 10 de xuño.

VACANTES:

1. INSTRUCIÓNS PARA A INSCRICIÓN NA PROBA DE ACCESO AO PRIMEIRO CURSO DO GRAO ELEMENTAL 

IMPRESO:

O/a solicitante deberá achegar o impreso debidamente cumprimentados (en letras maiúsculas).

DOCUMENTACIÓN:

Deberá acompañarse unha fotocopia do DNI, en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa personalidade e idade (páxina na que figure no libro de familia ou partida de nacemento).

A presentación da documentación deberá facerse a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado en rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

IMPORTE DA PROBA:

Grao ELEMENTAL…………………………………………………………………… Gratuita.

2. INSTRUCIÓNS PARA A INSCRICIÓN E AUTOLIQUIDACIÓN DA PROBA DE ACCESO AO PRIMEIRO CURSO DO GRAO PROFESIONAL 

IMPRESOS:

O/a solicitante deberá achegar os impresos debidamente cumprimentados (en letras maiúsculas).

DOCUMENTACIÓN:

O alumnado deberá achegar unha fotocopia do DNI, en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa persoa (páxina do libro de familia no que figure ou partida de nacemento).

A presentación da documentación deberá facerse a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado en rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN:

Encher os seguintes apartados:    

Datos do alumnado: Apelidos, nome, tlf., etc.

Prazo: Único.

Sinalar: Grao profesional, instrumento e importe da proba.

Sinatura: Se o alumno/a é menor de idade, a autoliquidación ten que ser asinada polo seu pai/nai ou titor legal.

IMPORTE DA PROBA:     

  • Grao Profesional…………………………………………………………………… 75,43€
  • Unha vez que o departamento de Rendas envie por correo electrónico o impreso de autoliquidación, deberá efectuarse en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso de autoliquidación.
  • Unha vez abonada a taxa municipal, enviar copia ao correo: conservatorio@ponteareas.gal

BONIFICACIÓNS OU EXENCIÓNS:     

Familias numerosas.

Terán una exención do 100% os/ as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50% para os/as de categoría xeral. Esta condición será acreditada polo/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición de uso individual legalmente establecido, debendo o centro conservar unha copia compulsada no expediente.

PROTOCOLO SOBRE A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO.

1.- Datas das probas de acceso a 1º GE

As probas de acceso ao 1º curso de grao elemental terán lugar a comezos do mes de setembro. As datas das mesmas, así como a data de publicación dos tribunais respectivos, serán tipificadas, no seu momento, no calendario de inicio de curso 2020-2021.

2-. Datas das probas de acceso a 1º GP

As probas de acceso ao 1º curso de grao profesional terán lugar, os días 25 e 26 de xuño de 2020, en horario de mañá e/ou tarde.

3.- Desenvolvemento das probas de acceso a 1º GP

Con carácter xeral, a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional, desenvolveranse a través da modalidade non presencial, agás nos casos das especialidades de piano e percusión, ou nas especialidades nas que o número de aspirantes sexa superior as prazas ofertadas.

O piano e os instrumentos de percusión necesarios, serán os mesmos para todos os aspirantes, tomando as medidas de hixiene necesarias para garantir a seguridade sanitaria.

Os/as aspirantes realizarán as dúas partes da proba de maneira individual e consecutiva.

3.2. Apartado de instrumento.

Nesta ocasión, non será necesario que os aspirantes interpreten de memoria ningunha das obras do programa presentado ao tribunal.

Por outro lado, tal e como se reflicte nas instrucións da Consellería, nestas probas de acceso, non haberá acompañamento de piano, nin no modo presencial nin no modo non presencial.

Modalidade Non Presencial:

Os/as aspirantes deberán enviar ao centro educativo dúas gravacións de vídeo en formato mp4, unha para que sexa avaliada a primeira parte da proba, e outra para que sexa avaliada a segunda parte.

Enviaranse a través do correo electrónico do centro “conservatorio@ponteareas.gal” ben como arquivo adxunto ou, en caso de arquivos grandes, enviando o enlace a través da aplicación “wetransfer”.

As gravacións deberán ser entregadas antes das 10.00h do día 25 de xuño.

3.3. Apartado de instrumento.

Para a primeira parte da proba os/as aspirantes achegarán unha única toma de cada movemento de cada obra. Poderán realizar unha toma distinta para cada movemento de cada obra, pero sempre realizando unha interpretación continua de cada movemento.

Xunto co envío das gravacións, achegarase unha relación coa indicación dos movementos e compositores das obras interpretadas para a primeira parte da proba.

3.4. Apartado de linguaxe musical.

Aclaramos que nesta ocasión non se realizarán, na proba de linguaxe musical, os apartados de ditado e teoría, a proba se limitará a un exercicio conxunto de entoación e lectura e será o mesmo, tanto para os aspirantes que deban realizar a proba de xeito non presencial como para os que concorran presencialmente. Este exercicio farase público na web do centro educativo o 22 de xuño ás 15.00h.

3.5. Publicación de tribunais.

O documento será publicado o luns 22 de xuño na páxina web do Centro.