XORNADAS DE PORTAS ABERTAS – SEMANA DO 3 AO 7 DE MAIO

Desde o día 3 de maio ata o día 7 de maio, o Conservatorio de Ponteareas organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.

Os interesados deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección: conservatorio@ponteareas.gal indicando en qué especialidades/clases queiran participar.