CALENDARIO DE ADMISIÓN, VACANTES E PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO

1. PROTOCOLO DE MATRICULACIÓN – PROBAS DE ACCESO:

· Prazo de admisión: Do 18 de maio ata o 9 de xullo

Horario: Luns, martes e xoves de 15h a 20h; Mercores e venres de 09h a 14h

· Cita Previa Telefónica: 986641616

  1. O primeiro é acudir ao conservatorio (con cita previa) para que a administración do centro poda validar a documentación.
  2. Deberá presentar a documentación a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado na rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  3. O departamento de Rendas do Concello (se procede), enviaralle ao seu correo electrónico o impreso de autoliquidación, para que a continuación, poida ingresar a taxa de exame, en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso.
  4. Unha vez teña pagada a taxa de exame dentro dos prazos establecidos no impreso de autoliquidación, deberá presentar o recibo no registro xeral do Concello.

2. DOCUMENTACIÓN QUE DEBE APORTAR

  1. Impresos debidamente cumprimentados (en letras maiúsculas).
  2. Fotocopia do DNI do alumno/a en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa personalidade e idade (páxina na que figure no libro de familia ou partida de nacemento).
  3. En caso de ser menor de idade, fotocopia do DNI da nai, pai ou titor legal.
  4. No caso de presentarse as probas de 1º de Grao Profesional, deberá aportar copia do repertorio a interpretar na proba práctica.