1. ALUMNADO QUE PROMOCIONA DE CURSO:
• O prazo de matrícula será do 14 ao 25 de xuño. (de 09h a 14h)
• Cita previa: 986 64 16 16
2. INSTRUCIÓNS MATRICULACIÓN.
2.1. IMPRESOS:
Deberá achegar o impreso que corresponda debidamente cumprimentado (en letras maiúsculas).
2.2. PROTOCOLO:
- O primeiro é acudir ao conservatorio (con cita previa) para que a administración do centro poda validar a documentación.
- A continuación, deberá presentar a documentación a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado na rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- O departamento de Rendas do Concello enviaralle por correo electrónico a carta de pago, para que a continuación, poida ingresar a cantidade da liquidación en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso.
- Unha vez pagado o primeiro plazo da matrícula, presentar o recibo no registro xeral.
3. INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN:
Encher os seguintes apartados:
1. OBRIGADO Ó PAGAMENTO: Apelidos, nome, tlf., etc.
2. CONCEPTO: O que corresponda.
3. FORMA DE PAGAMENTO:
a) Poderá fraccionar o pago da matrícula ata un máximo de 4 prazos.
b) Marque se desexa que as cotas mensuais vaian domiciliadas ou non.
4. BONIFICACIÓNS: No momento de formalizar a matrícula, debe acreditar e presentar unha copia da condición de uso individual legalmente establecido.
5. IMPORTE: Será validado pola administración do centro.
6. NUMERO DE CONTA BANCARIA: No caso de domiciliar as cotas mensuais, debe facilitar o número de IBAN e aportar acreditación da titularidade da conta.
7. AUTORIZACIÓNS E SINATURA: Se o alumno/a é menor de idade, a autoliquidación e autorización ten que ser asinada polo seu pai/nai ou titor legal.
** OS HORARIOS DAS MATERIAS COLECTIVAS E INDIVIDUAIS, SERÁN FACILITADOS POLA DIRECCIÓN NO MÉS DE SETEMBRO.