Elección de membros do Consello Escolar 2021

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 29/09/2021) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Procederase no mes de novembro á renovación parcial (Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Segundo o artigo segundo da citada resolución, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 22 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos.

A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 20 de setembro entre os días 2 e 5 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro día 28 de outubro ás 19:00 horas na Secretaría do Centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar e publicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Ponteareas, 21 de outubro de 2021