XORNADAS DE PORTAS ABERTAS- SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL

Desde o día 24 de abril ata o día 28 de abril, o Conservatorio-Escola de Música de Ponteareas organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.

Os interesados deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección: conservatorio@ponteareas.gal indicando en qué especialidades/clases queiran participar.