Semana de Portas Abertas

Desde o día 7 de maio ata o día 11 de maio, o conservatorio Municipal de Ponteareas organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.