HORARIOS DE CLASE NO CASO DE CONFINAMENTO

A dirección elaborou un horario semellante ao que se está desenvolvendo na actualidade en réxime de presencialidade ou semipresencialiadade, cunha carga horaria que debe respectar un mínimo do 60% da carga lectiva de conformidade co previsto na Resolución da Secretaría Xeral de Educación e FP pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na CA de Galicia para o curso 2020/21 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19 e na Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e FP pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da CA de Galicia para o curso 2020-2021.

Os horarios espello comezarán a funcionar no momento que se peche unha aula ou se produza o peche do centro por motivos
sanitarios.