O Conservatorio de Ponteareas cambia a súa dirección e móstrase próximo

O Conservatorio Municipal de Música Reveriano Soutullo iniciou no pasado mes de xaneiro unha nova etapa co nomeamento da nova dirección composta por Francisco Abal Rosales (director), María Inés Vicente Pereira (Vicedirectora), Montserrat López Caamaño (Xefa de Estudos) e Sonia Fernández Conde (Secretaria Académica).

Dous meses ao cargo dun centro que “pretendemos estea máis preto da veciñanza do que estivo ata agora, tentando facer máis visible o traballo que se desenvolve dentro do Conservatorio, que é moito e moi bo, tanto no relativo ao ensino superior como á Escola Municipal de Música Vila de Corpus”, sinala o seu director, Francisco Abal, quen tamén manifesta o obxectivo de lograr o máximo consenso con toda a comunidade do Conservatorio.

Para conseguilo, o Conservatorio Municipal de Música Reveriano Soutullo xa está a participar activamente en diversos actos organizados desde o Concello, como foi o acto oficial no que se celebrou o Día Internacional dá Muller, coa actuación dunha parte do alumnado e dos mestres Luís Caballero (violoncelo) e Miguel González (guitarra). Hoxe domingo, 13 de marzo, as alumnas de piano Melanie Dá Silva e Rosana Cayetano participarán no acto de homenaxe a máis de 10 mulleres que romperon as barreiras da violencia de xénero, que terá lugar no Auditorio a partir das 18:00 horas.