Novo Edicto do concello

Acábase de publicar no BOPPO un edicto do Concello, o cal fai referencia as “Liquidacións de servicios municipais” a partir do mes de xaneiro de 2018.

A continuación móstrase un extracto do mesmo, para ler a publicación completa deberán acceder o arquivo PDF na ligazón que está ao final deste artigo.

“…Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpor os seguintes recursos:

—— Reposición, perante a alcaldía deste Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.

—— Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa interposición, se non o fose.

—— Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren oportuno.

En cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento xeral de recadación, exponse o público o seguinte anuncio de cobranza:

Prazo de ingreso: o período voluntario de cobranza dos ingresos de dereito público indicados sera do 20 DO PRESENTE MES ata O 19 DO SEGUNDO MES POSTERIOR ou hábil posterior.

Lugar de ingreso: para as débedas non domiciliadas, nas entidades bancarias colaboradoras (A Banca e Banco Popular), empregando o documento de ingreso (carta de pagamento) que se entregará a solicitude dó contribuínte no departamento de Rendas ou no propio Centro xestor. E mediante cargo en conta polos servizos económicos municipais para as domiciliacións autorizadas polo contribuínte.

No caso de perda do devandito instrumento, o obrigado ao pagamento poderá obter un duplicado nas Oficinas do departamento de Rendas municipal.

Os contribuíntes non domiciliados deberán solicitar o documento de ingreso na oficina indicada, e efectuar o pagamento debido, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento, e non impide a utilización da vía de constrinximento.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento de constrinximento, o devengo do recargo e demais conceptos esixibles tal e como se fixa no artigo 26 e 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria.”

BOPP 5 DE MARZO DE 2018