Proceso administrativo de matriculación para as probas de acceso

En relación ao proceso administrativo de matriculación para as probas de acceso e posterior desenvolvemento das mesmas, e en atención ao reflectido nas “Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia”, no seu apartado 8.17, aprázanse as probas específicas de acceso (…) e terán lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o permitan.

Desde o CMUS Profesional de Música de Ponteareas queremos informar, que no momento en que a Consellería anuncie as datas de celebración das probas de acceso, informaremos puntualmente de todas as novidades e prazos para o correcto desenvolvemento das mesmas.

De todos os xeitos, as persoas interesadas pódense pre-inscribir na páxina web, deixándonos os seus datos na pestana “Solicitude de praza 2020-2021”