MATRICULACIÓN PARA O ALUMNADO QUE OBTIVO PRAZA EN 1º G.P

1. PROTOCOLO DE MATRICULACIÓN:

· Prazo de Matrícula: Do 6 de xullo ata o 10 de xullo (de 09h a 14h)

· Cita Previa: 986641616

  1. O primeiro é acudir ao conservatorio (con cita previa) para que a administración do centro poda validar a documentación.
  2. Deberá presentar a documentación a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado na rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  3. O departamento de Rendas do Concello, enviaralle ao seu correo electrónico o impreso de autoliquidación, para que a continuación, poida ingresar a taxa de matrícula que corresponda, en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso.
  4. Unha vez teña pagada a taxa de matrícula dentro dos prazos establecidos no impreso de autoliquidación, deberá presentar o recibo no registro xeral do Concello.

2. DOCUMENTACIÓN QUE DEBE APORTAR

  1. Impreso de matrícula debidamente cumprimentado (en letras maiúsculas).
  2. Fotocopia do DNI do alumno/a en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa personalidade e idade (páxina na que figure no libro de familia ou partida de nacemento).
  3. En caso de ser menor de idade, fotocopia do DNI do pai, nai ou titor legal.
  4. Duas fotografias do alumno/a, tamaño carné.
  5. Aportar acreditación da titularidade da costa bancaria.