FIN DA ACTIVIDADE LECTIVA NO CMUS

O venres 12 de maio, tal e como se nos indica nas instrucións da secretaría xeral de educación e formación profesional para a aplicación do calendario do curso 2022/23 nos conservatorios elementais e profesionais de música e danza, remata a actividade lectiva no conservatorio.

As notas finais desta última avaliación publicaranse en ATENEA o xoves día 18 de maio a partir das 21:00h.

O período comprendido entre o 15 de maio e o 15 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias e a actividades de apoio e titorización. Estas actividades realizaranse naqueles horarios e días nos que non teñan lugar probas de acceso ou premios fin de grao no conservatorio.

O alumnado ten a posibilidade de asistir a estas actividades que, en ningún caso, teñen carácter obrigatorio para o alumnado.

As probas extraordinarias de recuperación levaránse a cabo do 16 ao 20 de xuño.

As notas da convocatoria extraordinaria publicaranse o día 21 de xuño as 16:00h.

Un saúdo.

A dirección.