MATRÍCULA ORDINARIA. Curso 2023/24

1. PRAZOS DE MATRÍCULA: 

• Os prazos de matrícula para o curso 2023/24 serán: 

Do 29 de maio ata o 21 de xuño (alumnado do centro que aprobase todas as materias na convocatoria ordinaria de maio)

Do 1 de xuño ata o 21 de xuño (alumnado que obtuviese praza nas probas de acceso a 1º de GE e 1º GP)

Do 22 de maio ata o 29 de xuño (alumnado da convocatoria extraordinaria de xuño)

Do 1 de xullo ata o 16 xullo: Traslados de expedientes Cmus, alumnado de Preparatorio 2 e novo ingreso na Escola de Música.

• Cita previa: 986 64 16 16

2. INSTRUCIÓNS MATRICULACIÓN.

2.1. IMPRESOS:

Deberá achegar o impreso que corresponda debidamente cumprimentado (en letras maiúsculas).

Impresos MatrículaDescarga

2.2. PROTOCOLO:

  1. O primeiro é acudir ao conservatorio (con cita previa) para que a administración do centro poda validar a documentación.
  2. A continuación, deberá presentar a documentación a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado na rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  3. O departamento de Rendas do Concello enviaralle por correo electrónico a carta de pago, para que a continuación, poida ingresar a cantidade da liquidación en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso.
  4. Unha vez pagado o primeiro plazo da matrícula, presentar o recibo no registro xeral.

3. INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN:

Encher os seguintes apartados:    

1. OBRIGADO Ó PAGAMENTO: Apelidos, nome, tlf., etc.

2. CONCEPTO: O que corresponda.

3. FORMA DE PAGAMENTO:

a) Poderá fraccionar o pago da matrícula ata un máximo de 4 prazos.

b) Marque se desexa que as cotas mensuais vaian domiciliadas ou non.

4. BONIFICACIÓNS: No momento de formalizar a matrícula, debe acreditar e presentar unha copia da condición de uso individual legalmente establecido.

5. IMPORTE: Será validado pola administración do centro.

6. NUMERO DE CONTA BANCARIA: No caso de domiciliar as cotas mensuais, debe facilitar o número de IBAN e aportar acreditación da titularidade da conta.

7. AUTORIZACIÓNS E SINATURA: Se o alumno/a é menor de idade, a autoliquidación e autorización ten que ser asinada polo seu pai/nai ou titor legal.

** OS HORARIOS DAS MATERIAS COLECTIVAS E INDIVIDUAIS, SERÁN FACILITADOS POLA DIRECCIÓN NO MÉS DE SETEMBRO.