Estamos actualizando constantemente a web, subindo novos contidos e mellorando o seu aspecto xeral para facela máis accesible e interactiva. Na sección “MULTIMEDIA”, se irán subindo fotografías e videos de concertos e audicións públicas. Se ven, a priori, isto non debería supor ningún inconvinte, somos conscientes de que poderá haber alumnos ou pais de alumnos os que non lles guste facer pública a sua imaxen nestes acontecementos; por iso pregamos que visitedes a páxina e nos comuniquedes si hay algunha fotografía ou video que dabamos retirar.

Si pola contra teñen algunha imaxe obtida en concertos públicos e queren incluila en algunha das galerías da web fáganolo saber.

A nosa intención é que a través da web se manteñan informados de tódolos acontecementos, xestións, e novidades que se produzan ao redor do Conservatorio, e de ter un espazo para dar a coñecer o traballo que realizan tanto o profesorado como o alumnado en xeral.

Moitas grazas.