ACCESO A ESCOLA DE MÚSICA
A diferencia das ensinanzas regradas do conservatorio, non existe proba de acceso nin límites de idade, agás ter un mínimo de 6 anos cumpridos no ano natural para o acceso ao primeiro nivel de Preparatorio e de 7 anos para o inicio nun instrumento.

A Escola de Música fará os chamamentos, ofertando as prazas dispoñibles no centro unha vez pechada a matrícula no conservatorio, así mesmo, comunicará os prazos para a inscrición e os procedementos correspondentes.

A adxudicación efectuarase por orden de inscrición. 

PLAN DE ESTUDOS NA ESCOLA DE MÚSICA

PREPARATORIO. (dous cursos)
O nivel Preparatorio só se impartirá na Escola de Música e corresponderalle aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 7 anos.

Durante o primeiro curso (Preparatorio 1) asistirán os alumnos/as de 6 anos ás materias de Música e Movemento. Ademais de cursar as materias mencionadas anteriormente, faráselle aos nenos/as, unhas probas cos distintos instrumentos co fin de valorar cal se adapta mellor as súas cualidades e desta maneira poder cursar ao ano seguinte (Preparatorio 2) a especialidade elixida.

NIVEL ELEMENTAL. (catro cursos)
O nivel elemental da ESMU Municipal de Ponteareas, está distribuído academicamente igual que o grao elemental do conservatorio, isto é, que se poden cursar os catro cursos das especialidades correspondentes, coas materias teóricas de Linguaxe Musical, Educación Auditiva e Vocal, co obxectivo principal de formar ao alumnado de cara ao Grao Profesional.

Diferenzas entre a Escola e o Conservatorio no Grao Elemental:

  ESMU – Nivel Elemental
· Ensinanzas non regradas.
· Pódese comezar aos 6 anos. (Nivel Preparatorio)
· Non hai límite de idade para comezar os estudos.
· Certificado dos estudos realizados.

     

  CMUS – Grao Elemental
· Ensinanzas regradas.
· Non se pode comezar antes dos 8 anos.
· Límite de idade para o comezo de estudos.
· Certificado Académico de ter superado o Grao Elemental.

NIVEL INTERMEDIO: (dous cursos)
O alumnado procedente do nivel anterior e que non desexe acceder ao grao profesional no conservatorio, poderá continuar a súa formación musical na ESMU cursando o nivel de intermedio.

SÓ INSTRUMENTO:

Cando un alumno/a remate o nivel intermedio, poderá optar a cursar a asignatura de instrumento como disciplina solta.

CURSO DE MÚSICA PARA ADULTOS: 

Os adultos tamén teñen a oportunidade de cursar ensinos musicais cun programa adaptado ás súas necesidades.