Pergamino Vindel

Hoxe, día 2 de Febreiro, os rapaces e rapazas de cuarto e quinto de profesional desplazáronse ao “Museo do Mar” en vigo para coñecer “O pergamino Vindel” como actividade unida a sua asignatura de “Historia da Música”.

O Pergamino Vindel é un pergamino copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén sete cantigas de amigo do trovador galego Martín Codax.

O pergamino desapareceu ao pouco tempo de ser descuberto, créndose perdido durante moitos anos. Con todo, o pergamino fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana e Gordón, quen o depositou na súa biblioteca de Upsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Á súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viuda e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Logo de varias vicisitudes, o pergamino foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola J. Pierpont Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977, baixo a signatura Ms. 979.

Dende o mes de outubro do ano pasado a marzo deste ano, o Pergamino Vindel estará exposto no Museo do Mar de Galicia, situado na cidade de Vigo.

O tamaño do pergamino é de 34 x 45 cm. Está escrito por unha soa cara a catro columnas, con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente. A primeira columna contén 5 pentagramas, 6 a segunda, 6 a terceira e 4 a cuarta. O texto foi escrito en tinta negra e os pentagramas en tinta vermella. As iniciais están ornamentadas en azul e vermello. O nome do juglar Martín Codax aparece na parte superior do pergamino, en vermello. Na copia do pergamino interviñeron varias mans.

Contén sete cantigas de amigo, seis delas con notación musical:

Ondas do mar do Vigo
Mandade’ei comigo ca ven meu amigo
Mia yrmana fremosa treides comigo
Ai Deus se sab’ora meu amado
Quantas sabedes amar amigo
En ou sagrad’ e Vigo (Só texto, sen notación musical)
Ai ondas que eu vin veer

(As fotos non son de moi boa calidade, pero o importante é o recordo)