1. PROTOCOLO DE MATRICULACIÓN – PROBAS DE ACCESO:
· Prazo de admisión: Do 25 de abril ata o 31 de maio
• Horario: Luns, martes e xoves de 15h a 20h; mércores e venres de 09h a 14h
· Cita Previa Telefónica: 986641616
- O primeiro é acudir ao conservatorio (con cita previa) para que a administración do centro poda validar a documentación.
- Deberá presentar a documentación a través do rexistro xeral do Concello de Ponteareas, emprazado na rúa A Xiralda s/n, 36860-Ponteareas, ou ben en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- O departamento de Rendas do Concello (se procede), enviaralle ao seu correo electrónico o impreso de autoliquidación, para que a continuación, poida ingresar a taxa de exame, en calquera das entidades financeiras sinaladas no impreso.
- Unha vez teña pagada a taxa de exame dentro dos prazos establecidos no impreso de autoliquidación, deberá presentar o recibo no registro xeral do Concello.
2. DOCUMENTACIÓN QUE DEBE APORTAR
- Impresos debidamente cumprimentados (en letras maiúsculas).
- Fotocopia do DNI do alumno/a en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa personalidade e idade (páxina na que figure no libro de familia ou partida de nacemento).
- En caso de ser menor de idade, fotocopia do DNI da nai, pai ou titor legal.
- No caso de presentarse as probas de 1º de Grao Profesional, deberá aportar copia do repertorio a interpretar na proba práctica.