Saúdo do Director

Benvidos, á páxina Web do Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” e dá Escola de Música “Vila do Corpus” de Ponteareas, na que poderedes atopar información de utilidade e coñecer toda a actualidade relacionada co noso centro musical, onde iremos engadindo contidos para que poidades estar ao día de todo no que nel acontece.

Desde que o noso centro abrise as súas portas no ano 1986 como Conservatorio Elemental, estivo sempre en continuo desenvolvemento e evolución, contando actualmente cun total de 14 especialidades instrumentais e cun número aproximado de 260 alumnos.

Logo de mais de trinta e dous anos de historia, é un orgullo ver como este centro de educación musical desempeña unha importante labor educativa, social e cultural entre a sociedade de Ponteareas, do mesmo xeito que entre as localidades mais próximas. Moitos dos nosos estudantes son na actualidade recoñecidos músicos, tanto a nivel nacional como internacional, polo que para o min é un honor encabezar este Conservatorio que leva o nome dun dos mais grandes compositores que deu esta terra: Reveriano Soutullo Otero.

Espero que esta páxina Web resulte de utilidade a toda a comunidade educativa e contribúa a unha mellora dá calidade dos servizos que aquí se prestan.

Francisco Abal Rosales.
Director do CMUS “Reveriano Soutullo” e da ESMU “ Vila Do Corpus”