ACCESO A ESCOLA DE MÚSICA
A diferencia das ensinanzas regradas do conservatorio, non existe proba de acceso nin límites de idade, agás ter un mínimo de 6 anos cumpridos no ano natural para o acceso ao primeiro nivel de Preparatorio e de 7 anos para o inicio nun instrumento.
A Escola de Música fará os chamamentos, ofertando as prazas dispoñibles no centro unha vez pechada a matrícula no conservatorio, así mesmo, comunicará os prazos para a inscrición e os procedementos correspondentes.
A adxudicación efectuarase por orden de inscrición.
PLAN DE ESTUDOS NA ESCOLA DE MÚSICA
PREPARATORIO. (dous cursos)
O nivel Preparatorio só se impartirá na Escola de Música e corresponderalle aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 7 anos.
Durante o primeiro curso (Preparatorio 1) asistirán os alumnos/as de 6 anos ás materias de Música e Movemento. Ademais de cursar as materias mencionadas anteriormente, faráselle aos nenos/as, unhas probas cos distintos instrumentos co fin de valorar cal se adapta mellor as súas cualidades e desta maneira poder cursar ao ano seguinte (Preparatorio 2) a especialidade elixida.
NIVEL ELEMENTAL. (catro cursos)
O nivel elemental da ESMU Municipal de Ponteareas, está distribuído academicamente igual que o grao elemental do conservatorio, isto é, que se poden cursar os catro cursos das especialidades correspondentes, coas materias teóricas de Linguaxe Musical, Educación Auditiva e Vocal, co obxectivo principal de formar ao alumnado de cara ao Grao Profesional.
Diferenzas entre a Escola e o Conservatorio no Grao Elemental:
ESMU – Nivel Elemental | CMUS – Grao Elemental |
NIVEL INTERMEDIO: (dous cursos)
O alumnado procedente do nivel anterior e que non desexe acceder ao grao profesional no conservatorio, poderá continuar a súa formación musical na ESMU cursando o nivel de intermedio.
SÓ INSTRUMENTO:
Cando un alumno/a remate o nivel intermedio, poderá optar a cursar a asignatura de instrumento como disciplina solta.
CURSO DE MÚSICA PARA ADULTOS:
Os adultos tamén teñen a oportunidade de cursar ensinos musicais cun programa adaptado ás súas necesidades.