Historia

O Conservatorio nace como resposta á demanda social da Comarca do Condado de ter unha oferta educativa musical regrada, próxima e de calidade, polo tanto, no ano 1986 se aproba a creación do Conservatorio Elemental de Música de Ponteareas, que comeza a funcionar como centro oficial dependendo administrativamente doOLYMPUS DIGITAL CAMERA Concello de Ponteareas.

As clases se impartían no Auditorio Municipal, pero a afección por esta arte en toda a comarca fai que rapidamente as instalacións e capacidade didáctica se queden pequenas. Para resolver este problema de espazo, se decide adaptar a planta alta do edificio onde estamos actualmente pero en vista da demanda de ampliar o número de especialidades instrumentais, se solicita o Grado Profesional, que a administración competente concede mediante un convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas no ano 1996 que esixe a ocupación total do edificio.

Tamén no ano 2006, a Xunta de Galicia autoriza a creación da Escola de Música “Vila do Corpus” que convive no mesmo espazo co conservatorio, e que da servizo a todas aquelas persoas que non poden realizar estudos musicais regrados, desenvolvendo unha oferta ampla e diversificada educación musical sen límite de idade.