A principios de abril, o conservatorio fará pública a oferta mínima das prazas vacantes a cubrir para o acceso ao curso académico 2023-24. Esta oferta realizarase tendo en conta os recursos do centro e o equilibrio xeral das diferentes especialidades instrumentais, podendo ser ampliada mais adiante en función das modificacións destas variables.

Desde o 24 de abril ata o 5 de maio, realizarase na secretaría do centro a inscrición para poder participar nas probas de acceso a 1º de Grao Profesional.

Desde o 24 de abril ata o 12 de xuño,realizarase na secretaría do centro a inscrición para poder participar nas probas de acceso a 1º de Grao Elemental. 

A idade que deben ter os aspirantes para iniciar os estudos musicais en 1º de grao elemental estará entre os 8 e os 14 anos (cumpridos no ano natural) e no caso de optar ao acceso a 1º de grado profesional, non existe límite de idade, pero sí ter coñecementos musicais previos.

A mediados do mes de maio, farase pública a lista de admitidos/as, xunto coa información referida a este proceso: calendario das probas, estrutura das mesmas, tribunais, etc. 

As probas de acceso para 1º de Grao Profesional, desenvolverase os días 23, 24 e 25 de MAIO de 2023.

As probas de acceso para 1º de Grao Elemental, desenvolverase o día 29 e 30 de MAIO de 2023.

Os candidatos/as que superen as probas de acceso e obteñan praza na especialidade solicitada, deberán matricularse nos prazos establecidos pola dirección do centro.

Os candidatos/as que superen a proba de acceso e non obteñan praza na especialidade solicitada, conformarán unha listaxe de agarda. No mes de xullo, rematados os accesos a outros cursos e a matrícula extraordinaria, procederase ao chamamento das listaxes de espera ata cubrir toda a oferta posible.

ACCESO A OUTROS CURSOS
Os aspirantes ao acceso a outros cursos distintos do 1º de grao elemental e 1º de grao profesional, deberán solicitar praza no mes de maio para o curso seguinte, indicando o curso e especialidade solicitada.

Traslado de Matrícula. Poderá solicitarse a matrícula por traslado de centro procedente doutro conservatorio (matrícula viva). A solicitude poderá realizarse en calquer momento, preferentemente na primeira quincena do mes de xullo do curso correspondente. A aceptación da matrícula estará condicionada á presentación da documentación que acredite a necesidade do traslado (razón laboral, familiar, etc.) e á existencia de prazas dispoñibles no conservatorio.