Homenaxe a Rosalía de Castro

O vindeiro sábado, 24 de febreiro como homenaxe ao nacemento de Rosalía de Castro, o concello de Ponteareas organiza unha serie de actos:

As 12:00h haberá unha ofrenda floral xunto coa colocación dunha placa.

As 20:00h no Auditorio Municipal terá lugar o festival “Rosalía Músical”, donde música, poesía e dramatización irán da man. A parte musicál correrá a cargo de alumnos do CMUS de Ponteareas. Estades todos invitados.

O domingo 25 de febreiro continuarán as honras a esta gran poetisa e novelista galega coa posta en escena dunha obra de teatro a cargo de “Roi Vidal e Laura Ponte” que leva por título “Rosalías”, será a partir das 19:00h.